Crónica de Galicia - 26/03/24
MAR 26, 2024
Description Community
About

Recibe a alta hospitalaria o veciño de Ribeira acusado de matar hai una semana a súa exparella. o detido, que tiña un fillo común coa víctima, pasará nas próximas horas a disposición xudicial.

Dous traballadores feridos no incendio dunha nave no polígono lugués do Ceao. Iniciouse pouco antes das dez na empresa "Desguaces Sidegal". Os bombeiros impediron que se estendese a otras naves lindeiras. A Xunta presenta alegacións ó decreto que regula a implantación de parques eólicos mariños.

O Goberno galego cre que é posible un entendemento porque o sector pesqueiro non está en contra das enerxías renovables.O Centro Dramático Galego cumpre corenta anos. Este organismo cultural leva catro décadas contribuíndo a crear público pró teatro galego e prós grandes autores internacionais. o tempo. Todo igual temperaturas baixas e treboadas. MeteoGalicia.

Comments