O senado deu hoxe un paso máis pra que Manuel Baltar poda ser xulgado por un delito contra a seguridade vial. Reuniase a comisión de suplicatorios pra decidir quén elaborará a ponencia que responda a petición do Tribunal Supremo de retirar á imunidade ó senador popular. Será un membro de cada grupo político, e ainda que teñen un mes pra elaborar o seu dictame fontes cercanas afirman que será moito máis rápido: volverán á comisión o vindeiro 9 de abril. Un paso que suscita críticas por se producir e plena semana santa, pero no que semella que non vai haber sorpresas, xa que o propio afectado tería amosado a súa disposición favorable.
![]()