Crónica de Galicia - 30/03/24
MAR 30, 2024
Description Community
About

Galicia recupera a actividade, tra-los dous festivos da Semana Santa. E nun día coma hoxe falamos de autoemprego, que comeza a repuntar. Din as cifras que nos dous primeiros meses podemos contar case cincocentos autónomos máis.

Das últimas horas, tamén, un ferido de bala en Vigo. Un mozo de 25 anos que recibiu un disparo no abdome esta madrugada. Entrou polo seu propio pé no hospital do Meixoeiro. Foi operado de urxencia no Álvaro Cunqueiro.

En canto ó tempo, o vento e a chuvia dos últimos días déronnos unha tregua esta mañá. De feito, hoxe reabriu a praia das Catedrais, en Ribadeo, despois de que o temporal obrigase a pechala o Xoves e o Venres Santo

Comments