Xornada non lectiva en Galicia pero con actividade parlamentaria. Día de constitución das comisións no Pazo do Hórreo, mañá o presidente iniciará xa as consultas cos distintos grupos para propoñer despois candidato á presidencia da Xunta.
Na oposición, o BNG pide claridade ó PP sobre as contratacións adxudicadas na pandemia da covid. Os nacionalistas solicitarán unha auditoría no Parlamento.
E hoxe entran en vigor os novos contratos do leite con baixada de prezos. De contado escoitamos o malestar do sector.
Nos deportes, empate a 0 do Celta ante o Raio Vallecano en Balaídos. En baloncesto, o Obradoiro perdeu na casa ante o Barça.
![]()