A Xunta cre que é posible un entendemento co sector pesqueiro para a instalación de eólicos no mar. Pero quere que se aumente as compensacións: é unha das alegacións que fixo ó decreto que regula os parques mariños.
De novo Altri...Comisións Obreiras defende o proxecto que recolle críticas dos concellos próximos a Palas ou da sociedade galega de historia natural.
E, hoxe pendentes do Senado. A comisión de suplicatorios inicia o trámite para decidir se autoriza o Supremo seguir o procedemento penal contra José Manuel Baltar por un delicto contra a seguridade vial. Lembremos que foi interceptado vai facer agora un ano conducindo na autovía A-52 en Zamora a 215 quilómetros por hora.
O tempo. van seguir os chuvascos... haberá poucos cambios na temperatura e vai aumentar a intensidade do ventos
![]()