Informativo Galicia 7:45 - 29/03/24
MAR 29, 2024
Description Community
About

Morreu outro traballador en Vigo. E outra vez, no sector naval. 

E mentres agardamos que remita o temporal, seguimos a facer reconto de incidencias. Máis de 400 nas últimas horas. A meirande parte, na provincia de Pontevedra. Os refachos de vento chegaron ós 135 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras, e concellos como o de Ribadeo adoptaron medidas preventivas, co peche da praia das Catedrais. Tamén pechado o espigón do porto de Aguete, en Marín, que o mar rompeu este xoves. E a quince millas de Burela, rescatados os seis tripulantes dun pesqueiro de Santander que quedou sen máquina

Comments