Galicia Informativos

Radio Nacional

About

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.

Available on

Community

5674 episodes

Informativo Galicia 7:45 - 01/04/24

Xornada non lectiva en Galicia pero con actividade parlamentaria. Día de constitución das comisións no Pazo do Hórreo, mañá o presidente iniciará xa as consultas cos distintos grupos para propoñer despois candidato á presidencia da Xunta. Na oposición, o BNG pide claridade ó PP sobre as contratacións adxudicadas na pandemia da covid. Os nacionalistas solicitarán unha auditoría no Parlamento. E hoxe entran en vigor os novos contratos do leite con baixada de prezos. De contado escoitamos o malestar do sector. Nos deportes, empate a 0 do Celta ante o Raio Vallecano en Balaídos. En baloncesto, o Obradoiro perdeu na casa ante o Barça. * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/informativo-galicia-7-45-01-04-24/16039053/

14m
Apr 01, 2024
Crónica de Galicia - 31/03/24

Os produtores lácteos pídenlle á Xunta que free o que consideran prácticas abusivas da industria. Mañá entran en vigor os novos contratos, con baixadas do leite de ata cinco céntimos por litro. Ademais, o BNG volve acusar á Xunta de ocultar información dos contratos realizados durante a pandemia. E esta medianoite remata a Operación Retorno de Semana Santa. Esta madrugada unha muller de 49 anos morría atropelada na VG-20 en Vigo. No tempo da entrevista, falamos co presidente do Parlamento, Miguel Santalices * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/cronica-galicia-31-03-24/16038530/

30m
Mar 31, 2024
Entrevista en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve a D. Miguel Santalices. 20240331

D. Xosé Manuel García fala co Presidente do Parlamento Galego, D. Miguel Santalices * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/entrevista-radio-nacional-radio-5-rtve-miguel-santalices-20240331/16037583/

14m
Mar 31, 2024
Crónica de Galicia - 30/03/24

Galicia recupera a actividade, tra-los dous festivos da Semana Santa. E nun día coma hoxe falamos de autoemprego, que comeza a repuntar. Din as cifras que nos dous primeiros meses podemos contar case cincocentos autónomos máis. Das últimas horas, tamén, un ferido de bala en Vigo. Un mozo de 25 anos que recibiu un disparo no abdome esta madrugada. Entrou polo seu propio pé no hospital do Meixoeiro. Foi operado de urxencia no Álvaro Cunqueiro. En canto ó tempo, o vento e a chuvia dos últimos días déronnos unha tregua esta mañá. De feito, hoxe reabriu a praia das Catedrais, en Ribadeo, despois de que o temporal obrigase a pechala o Xoves e o Venres Santo * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/cronica-galicia-30-03-24/16037817/

30m
Mar 30, 2024
Entrevista en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve a Xabier Díaz. 20240330

ENTREVISTA AL MÚSICO Y COMPOSITOR XABIER DÍAZ, REALIZADA POR ANDREA OCA * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/entrevista-radio-nacional-radio-5-rtve-xabier-diaz-20240330/16034110/

17m
Mar 30, 2024
Crónica de Galicia - 29/03/24

Suma e sigue en Galicia coas mortes no posto de traballo. Nesta ocasión un traballador do naval, o segundo en poucas semanas, de 37 anos. Os sindicatos reuniranse nos vindeiros días, pero adiantan que endurecerán as súas demandas de seguridade e prevención. Cómpre, din, que a Xunta reforce as inspeccións e controis, ante os continuos incumprimentos * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/cronica-galicia-29-03-24/16037081/

30m
Mar 29, 2024
Informativo Galicia 7:45 - 29/03/24

Morreu outro traballador en Vigo. E outra vez, no sector naval.  E mentres agardamos que remita o temporal, seguimos a facer reconto de incidencias. Máis de 400 nas últimas horas. A meirande parte, na provincia de Pontevedra. Os refachos de vento chegaron ós 135 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras, e concellos como o de Ribadeo adoptaron medidas preventivas, co peche da praia das Catedrais. Tamén pechado o espigón do porto de Aguete, en Marín, que o mar rompeu este xoves. E a quince millas de Burela, rescatados os seis tripulantes dun pesqueiro de Santander que quedou sen máquina * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/informativo-galicia-7-45-29-03-24/16036792/

14m
Mar 29, 2024
Crónica de Galicia - 28/03/24

Un novo incendio e Vigo pon en dúbida as dotacións de persoal do servizo de bombeiros da cidade olívica. Esta madrugada salvaron in extremis un home e unha nena de dous anos, que xa estaban pendurando da fiestra cando os efectivos puideron rescatalos. Foi no barrio de Barreiro de mañanciña, nel só había 4 bombeiros disponibles pra atende-la emerxencia. A vivenda quedou calcinada. * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/cronica-galicia-28-03-24/16036278/

30m
Mar 28, 2024
Informativo Galicia 7:45 - 28/03/24

Vai aclarando a mañá e a borrasca Nelson deixa nas súas primeiras horas de paso por Galicia máis de 160 incidencias relacionadas co vento: caídas de árbores e pólas nas estradas, e tamén de cables de telefonia e luz, que provocaron cortes do suministro en distintos puntos. Os refachos superaron os 120 kilómetros por hora en varios puntos da comunidade. A chuvia e a preamar fixeron ademais necesario o corte da estrada entre Pontevedra e Marín durante varias horas. * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/informativo-galicia-7-45-28-03-24/16035906/

14m
Mar 28, 2024
Crónica de Galicia - 27/03/24

O senado deu hoxe un paso máis pra que Manuel Baltar poda ser xulgado por un delito contra a seguridade vial. Reuniase a comisión de suplicatorios pra decidir quén elaborará a ponencia que responda a petición do Tribunal Supremo de retirar á imunidade ó senador popular. Será un membro de cada grupo político, e ainda que teñen un mes pra elaborar o seu dictame fontes cercanas afirman que será moito máis rápido: volverán á comisión o vindeiro 9 de abril. Un paso que suscita críticas por se producir e plena semana santa, pero no que semella que non vai haber sorpresas, xa que o propio afectado tería amosado a súa disposición favorable. * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/cronica-galicia-27-03-24/16034921/

25m
Mar 27, 2024
Informativo A Coruña 8:45 - 27/03/24

A polémica contra a fábrica que Altri proxecta en Palas de Rei chega á provincia. Fronte común dos alcaldes de Melide e Santiso contra a instalación. Temen un deterioro do medio ambiente e da economía da contorna.  -Satisfación entre os mariscadores da ría do Burgo, logo de que a Consellería do Mar respaldase á Confraría, ao desautorizar a sementeira de moluscos para o día 8  -En Santiago, os veciños da rúa de San Lourenzo piden que non se reabra a Sala Malatesta, logo do seu peche por contaminación acústica. -Hoxe arranca a edición número 33 da Mostra do Encaixa de Camariñas, de Interese Turístico de Galicia. Inaugúrase ás catro e media e prolongaráse ata o domingo * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/informativo-coruna-8-45-27-03-24/16034218/

15m
Mar 27, 2024
Informativo Galicia 7:45 - 27/03/24

A Xunta cre que é posible un entendemento co sector pesqueiro para a instalación de eólicos no mar. Pero quere que se aumente as compensacións: é unha das alegacións que fixo ó decreto que regula os parques mariños. De novo Altri...Comisións Obreiras defende o proxecto que recolle críticas dos concellos próximos a Palas ou da sociedade galega de historia natural. E, hoxe pendentes do Senado. A comisión de suplicatorios inicia o trámite para decidir se autoriza o Supremo seguir o procedemento penal contra José Manuel Baltar por un delicto contra a seguridade vial. Lembremos que foi interceptado vai facer agora un ano conducindo na autovía A-52 en Zamora a 215 quilómetros por hora. O tempo. van seguir os chuvascos... haberá poucos cambios na temperatura e vai aumentar a intensidade do ventos * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/informativo-galicia-7-45-27-03-24/16034123/

15m
Mar 27, 2024
Crónica de Galicia - 26/03/24

Recibe a alta hospitalaria o veciño de Ribeira acusado de matar hai una semana a súa exparella. o detido, que tiña un fillo común coa víctima, pasará nas próximas horas a disposición xudicial. Dous traballadores feridos no incendio dunha nave no polígono lugués do Ceao. Iniciouse pouco antes das dez na empresa "Desguaces Sidegal". Os bombeiros impediron que se estendese a otras naves lindeiras. A Xunta presenta alegacións ó decreto que regula a implantación de parques eólicos mariños. O Goberno galego cre que é posible un entendemento porque o sector pesqueiro non está en contra das enerxías renovables.O Centro Dramático Galego cumpre corenta anos. Este organismo cultural leva catro décadas contribuíndo a crear público pró teatro galego e prós grandes autores internacionais. o tempo. Todo igual temperaturas baixas e treboadas. MeteoGalicia. * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/cronica-galicia-26-03-24/16033125/

25m
Mar 26, 2024
Informativo A Coruña 8:45 - 25/03/24

O PSOE de Cambre pide xestionar a área de Contratación para entrar no goberno de Unión por Cambre, liderado desde o venres por María Pan. De seguido conversamos coa nova alcaldesa, sobre este asunto e os retos aos que se enfronta. -Pacientes con cancro do Hospital de Santiago, afectados por retrasos de máis de seis meses nas súas revisións oncolóxicas, presentan hoxe ante a valedora do Pobo unha queixa colectiva.   -Ás dez da mañá declaran nun xulgado da Coruña sete testemuñas relacionadas co crime de Yoel Quispe, o mozo asasinado a pasada noiteboa na cidade herculina.   -O presidente do Cláster de Turismo de Galicia cre que implantar unha taxa turística en Santiago non é a mellor opción pra unha cidade que, segundo sinala, non está masificada * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/informativo-coruna-8-45-25-03-24/16032563/

15m
Mar 26, 2024
Informativo A Coruña 8:45 - 26/03/24

A Valedora do Pobo estuda a queixa entregada polos doentes de cancro que levan ata seis meses agardando polas súas revisións no Hospital de Santiago.  De seguido ampliamos, antes outros titulares da xornada con Noemi Alonso -A familia de Yoel Quispe, o mozo asasinato en noiteboa na Coruña, pide que se amplíe o número de investigados polo crime, -de momento hai tres-, coincindo cunha nova toma de declaracións nos xulgados.  -O sindicato USO denuncia o colapso do xulgado número 1 de Carballo, que acumula case 2.000 escritos pendentes de trámite  -Ferrol terá os orzamentos máis altos da súa historia: 92 millóns de euros. Aprobaranse definitivamente no pleno de abril * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/informativo-coruna-8-45-26-03-24/16032505/

15m
Mar 26, 2024
Informativo Galicia 7:45 - 26/03/24

Altri sigue no foco..O BNG quere saber se o Goberno está disposto a conceder cartos dos fondos de recuperación para instalar unha fábrica que -di- incumpre tódolos criterios sociais e medioambientais.  O conselleiro atribúe os atrasos na atención a pacientes oncolóxicos en Santiago o proceso de estabilizaicón das prazas de médicos. Os pacientes trasladaron a queixa á Valedora do Pobo. Deportes. O Racing non pasa do empate en Albacete tras fallar dous penaltis. O quipo manchego destitúe ó adestrador, o galego Rubén Albés. O tempo. Mantense a inestabilidade atmosférica, con chuvascos e máis frío. Vexamos como empeza esta martes, de vacacións para moitos, nas principais cidades * Escuchar audio https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/informativo-galicia-7-45-26-03-24/16032386/

14m
Mar 26, 2024